• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Superadas xa as 10.000 visitas no Belén de Begonte

12/20/2022

Nas dúas primeiras semanas de funcionamento do Belén de Begonte téñense superado as 10.000 visitas de nenos e maiores que acuden con motivo do cincuentenario da súa creación en 1972.

Se o día inaugural funcionou para as 200 persoas que participaron nos actos, e o día tres para os asistentes á misa polos amigos falecidos do belén, no primeiro día de apertura ao público recibiuse a visita de 700 persoas; 1.200 o día seis e 1.300 o día oito, e os festivos e vísperas mantivéronse con estas cifras.

Durante os días laborables recibíronse visitas, especialmente de centros educativos, pero tamén de asociacións e entidades, rexistrándose os primeiros días grupos de Mondoñedo, Peña Madridista de Culleredo, A Coruña, Salceda, Colexio Divino Maestro, Pobra de San Xiao, San Román, Mulleres e nenos de Paradela, A Golada, Sarria e un amplo etcétera.

E se para atención aos grupos se debe chamar previamente ao teléfono 610 907 306, para as visitas invididuais ou familiares non hai que efectuar reservas e, se se teñen formado colas en todos os días de funcionamento, deseguida se produce a entrada pois cada cuarto de hora poden visitar o Belén algo máis de medio cento de persoas. Foi especialmente numerosa a asistencia esta pasada fin de semana, con motivo da celebración da Feira do Nadal begontina.

Se ben se prevé que as visitas aumenten esta fin de semana e ata o día de Reis no que o Belén funcionará diariamente, reitérase a necesidade de que os colectivos avisen previamente da visita, xa que para a mañá do martes, 20, teñen anunciado visita catro colectivos, e 7 virán a ver o Belén na mañá do mércores, día 21.

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024