• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

XOSÉ OTERO CANTO, Premio de poesía do Belén de Begonte

01/14/2020

XOSÉ OTERO CANTO, Premio de poesía do Belén de Begonte - 2º Premio.- MARÍA DO CEBREIRO RÁBADE VILLAR - Mención de Honra:  JUAN LORENZO COLLADO, de Albacete.

Ven de reunirse o Xurado dos traballos presentados ao XLIV CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL, convocado polo Centro Cultural José Domínguez Guizán de Begonte, formado por Jesús Domínguez Guizán, Presidente do Centro Cultural convocante; Xavier Rodríguez Barrio, escritor; e Xulio Xiz, xornalista.

Por unanimidade, acordan conceder o PREMIO BEGONTE DE POESÍA, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema “Xesús e a Crónica de Beria”, presentado co lema Ignotus, do que é autor Xosé Otero Canto, de Lugo.

O segundo premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos, concedeuse ao poema ”Begonte”, do que resultou ser  autora María do Cebreiro Rábade Villar, de Santiago de Compostela.

Pola calidade do traballo, concedeuse unha MENCIÓN DE HONRA, dotada con estatuiña de Sargadelos ao poema “Tiempo de Navidad”, do que é autor Juan Lorenzo Collado Gómez, de Albacete.

Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura do tempo de Nadal  begontino, o próximo 25 de xaneiro de 2020.

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024