• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

35.000 visitas ao Belén de Begonte e 32.155 á web www. belendebegonte.es

01/09/2023

A día de hoxe, 9 de xaneiro, o Belén de Begonte ten recibido 35.000 visitas presenciais e 32.155 á súa web na actual edición de “O Nadal de Begonte”.

En canto ás presenciais, agora que remata a atención diaria ao público, e se pasa ás fins de semana, continuou, desde o pasado día 28 de decembro, o promedio de máis de 1.000 persoas cada día, obrigando de facto á ampliación do horario previsto. Se ben se mantivo o comezo arredor das 11 da maña, non así o peche xa que a afluencia de visitantes obrigaba a pechar na práctica ás 14,00 h. O mesmo ocorría polas tardes, que foi preciso pechar arredor dunha hora máis tarde.

Na mañá de hoxe reanudáronse as visitas colectivas cunha expedición da Residencia de maiores de As Gándaras. Como queira que só se abre ao público sábados e domingos, para o resto dos días, as visitas colectivas agradécese que soliciten día e hora ao tfno. 610 907 306.

Das 32.155 visitas virtuais rexistradas, cómpre destacar que 4.679 visionaron o Belén virtual, das que 2.045 contemplaron a versión galega, 2.177 a versión en castelán, e 170 a inglesa. Nestes últimos días, 287 internautas fixeron a visita 360º que recentemente se incorporou á web www.belendebegonte.es.

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024