• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

As 31 figuras da Colección Edelmiro Ulloa doadas ao Belén de Begonte

11/19/2024

A colección de figuras do Belén do sacerdote Edelmiro Ulloa (1933-2021), vén de ser doada ao Belén de Begonte polo sobriño deste, o profesor e escritor Xosé Carlos Ulloa.

Edelmiro Ulloa, nomeado en 1980 Capelán do Hospital Xeral de Lugo, foi un sacerdote moi querido na sanidade e na sociedade lucense, desenvolvendo moi importante labor na institución sanitaria, creando a Coral do Hospital e o Grupo de Teatro “Lucho”. Polo Nadal, sempre montaba un Belén, para o que foi adquirindo numerosas figuras artesanais.

Un total de 31 figuras foron entregadas por Xosé Carlos Ulloa ao Belén de Begonte, destacando entre elas 9 casas, 2 pallozas, 2 hórreos asturianos, 2 carros con vacas e un tirado por cabalo, 1 cortador de leña, 1 ferreiro, 1 igrexa, 1 arado tirado por vacas, 1 roda de afiar e unha máquina de mallar con motor e limpadora.

Varias destas figuras van ser incorporadas este ano, tanto ao Belén de Begonte na súa LIII ediciónn como ao Museo do Belén, destacando a figura móbil da máquina de mallar que contrastará coa escenificación do traballo co “malle” tradicional.

O Centro Cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén de Begonte, agradece publicamente a Xosé Carlos Ulloa a doazón desta artística herdanza de Edelmiro Ulloa, que constitúe unha importante aportación ao noso Belén.

 

Otras noticias

  • Dúas novas figuras no Belén de Begonte Novembro 19, 26

    Dúas novas figuras -unha con movemento- se...

  • Do Belén ao mundo: Os nenos do Colexio de Begonte serán Guías no Belén Novembro 17, 26

    Nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, do Ceip...

  • Calendario de O NADAL EN BEGONTE 2026 Novembro 16, 26

    21 de novembro de 2026
    18,00.- Salón de actos do Centro...

  • O Belén de Begonte abrirá as súas portas o sábado, 21 de novembro Novembro 13, 26

    O próximo 21 de novembro, sábado, o Belén de...

  • Pasamento do Presidente de Honra do Belén de Begonte Novembro 08, 26

    Desde o Belén de Begonte temos a dor de...

  • Exposición en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 629 748 609 / +34 649 096 133
GaliciaDigital 2017-2026