• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

O Belén de Begonte inaugura o sábado unha nova edición co pregón de Román Rodríguez

11/26/2024

O Belén de Begonte inaugurará este sábado a súa edición número 53 co pregón do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez. O evento foi presentado hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o tenente alcalde begontino, Luis Luaña; o presidente do centro cultural José Domínguez Guizán, Xulio Xiz, e o secretario da entidade, José Rodríguez -fillo do artesán creador do conxunto, José Rodríguez Varela-.

O Belén, declarado de Interese Turístico de Galicia, é artesanal e electrónico, e atrae cada ano a arredor de 40.000 visitantes. Poderá contemplarse do 30 de novembro ao 1 de febreiro; entre Nadal e Reis estará aberto todos os días, de 11 a 13 horas e de 16 a 19 horas, e nas restantes semanas abrirá sábados, domingos e festivos, aínda que se poden concertar visitas de grupo noutras xornadas.

Como principal novidade, este ano empeza a incorporar figuras procedentes do Belén que instalaba no antigo Hospital Xeral o sacerdote Edelmiro Ulloa, que foron doadas a Begonte polo seu sobriño, o escritor Xosé Carlos Ulloa. Son tamén pezas artesanais e entre as que xa se poden desfrutar figuran unha máquina de mallar ou un cabazo; outras vanse amosar no Museo do centro cultural, que ocupa o recinto anexo.

Por outra banda, os organizadores amplían o programa de actividades coa convocatoria do primeiro Certame Audiovisual sobre o Nadal, que se suma aos tradicionais concursos de poesía, xornalismo, debuxo infantil e arte. A temática é o Nadal en todos os casos, e os premios serán entregados no acto de clausura do Belén. As obras que concorran ao concurso de arte serán expostas na Delegación Territorial de Lugo e na Casa da Cultura de Begonte.

Así mesmo, os días 21 e 22 celebrarase un mercado de Nadal na praza Irmáns Souto Montenegro e arredores, organizado polo Concello. O mural de Diego As en Begonte ou as tallas de madeira distribuídas polo escultor César Lorenzana nas 19 parroquias, son outras propostas vinculadas ao Belén no municipio.

Otras noticias

  • El papa Francisco mostró su interés por el belén electrónico de Begonte: "¡Qué bonito!" Abril 23, 25

    El papa Francisco mostró su interés por el belén electrónico de...

  • Comezan as plantacións de árbores do Xardín do Belén de Begonte Abril 11, 25

    O Concello de Begonte comezou as plantacións de...

  • A casa Museo de Victor Corral, no Belén de Begonte Marzo 26, 25

    A próxima edición do Belén de Begonte incluirá...

  • Tres entidades únense para crear o Xardín do Belén en Begonte Marzo 20, 25

    O centro cultural José Domínguez Guizán, o...

  • En Begonte vaise crear O XARDÍN DO BELÉN Marzo 14, 25

    Participarán o CEIP VIRXE DO CORPIÑO, CONCELLO...

  • Superadas as 40.000 visitas no Belén de Begonte. O sábado, 1 de febreiro, acto de clausura de “O Nadal en Begonte” Xaneiro 27, 25

    Finalizadas as actividades e accións de “O...

  • ROMÁN RODRÍGUEZ e JOSÉ CARLOS ULLOA, Socios de Honra do Belén de Begonte Xaneiro 21, 25

    O Belén de Begonte ven de nomear dous novos Socios de Honra: Román...

  • Certame Nacional de Poesía do Belén de Begonte Xaneiro 16, 25

    Reunido o xurado do XLIX CERTAME GALEGO DE...

  • Javier Rivera, gañador do XLIX CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 15, 25

    Vense de reunir o xurado do XLIX CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O...

  • As obras do XXXV CERTAME GALEGO DE ARTE, na Casa da Cultura de Begonte Xaneiro 14, 25

    As 14 obras que concorriron ao XXXV CERTAME...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024