• Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto
Menú
  • Inicio
  • O Belén
  • Begonte
  • Certames
  • Imaxes
  • Actualidade
  • Contacto

Na primeira fin de semana, o BELÉN ELECTRÓNICO DE BEGONTE superou as 3.000 visitas

12/09/2024

Esta longa fin de semana foi unha excelente ocasión para visitar o Belén de Begonte, que foi aproveitada por máis de 3.000 visitantes. O cálculo tanto para o venres como para o sábado foi de arredor de 800 visitantes diarios, duplicando o domingo esa cifra.

Abrir de 11 a 13,00 e de 16,00 a 19,00 permite ofrecer arredor de vinte pases do Belén (dunha duración aproximada de 13 minutos), pero en calquera destes días foi preciso prolongar o tempo de apertura, especialmente pola tarde, por afluencia de visitantes, unha hora máis.

Nesta edición apréciase unha grande curiosidade polas novidades, os visitantes aplauden ao final de cada sesión, e comentan moi favorablemente a existencia da voz en off que relata a creación e historia do Belén.

Para mañá, martes, está prevista a visita dun grupo de usuarios de Cáritas da capital lucense, e para o xoves doutro do Colexio Maristas. O xoves, a emisora ONDA CERO LUGO realizará en directo, desde o Belén, a súa programación habitual das mañás.

 

Otras noticias

  • Exposicion en Begonte dos cadros presentados ao Certame Galego de Arte Xaneiro 21, 26

    Na casa da Cultura de Begonte está aberta a exposición dos cadros...

  • L CERTAME DE XORNALISMO SOBRE O NADAL Xaneiro 21, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME DE XORNALISMO...

  • L CERTAME NACIONAL DE POESÍA SOBRE O NADAL Xaneiro 20, 26

    Reunido o Xurado do L CERTAME NACIONAL DE...

  • Convocatoria de Asemblea Xeral de Socios do Centro Cultural José Domínguez Guizán Xaneiro 14, 26

    De conformidade co disposto nos Estatutos polos...

  • II CERTAME AUDIOVISUAL SOBRE O NADAL do Belén de Begonte Xaneiro 14, 26

    Xa hai gañadores do II CERTAME AUDIOVISUAL...

  • Fallo do Xurado do L CERTAME DE DEBUXO INFANTIL SOBRE O NADAL Xaneiro 13, 26

    En Begonte, a 5 de xaneiro de 2026, reúnense os...

  • Cantar de Reises no Belén de Begonte Xaneiro 05, 26

    Días pasados, no Belén de Begonte, Toño Nuñez e Xose Manuel do...

  • HIPÓLITO XEADA, de Alfoz, gañador do XXXVI CERTAME GALEGO DE ARTE DO BELÉN DE BEGONTE Decembro 30, 25

    Mencións de honra para MANUEL CARBALLEIRA...

  • Hoxe, 6 colectivos visitaron o Belén de Begonte Decembro 18, 25

    Este xoves, seis colectivos visitaron o Belén...

  • Inaugurado o Belén de Begonte Decembro 01, 25

    O venres 29 de novembro de 2025, abriu as portas o Belén de...

< >

Belén de Begonte
Avda. de Galicia, s/n – Begonte – 27373 – LUGO – ESPAÑA / info@belendebegonte.es
Teléfono: +34 610 907 306
GaliciaDigital 2017-2024