O Belén de Begonte Virtual

Benvid@s á web do Belén Electrónico de Begonte, na que se vai conformando a historia deste Belén, das actividades que o rodean, e das xentes que o fixeron e fan posible.
Agradecemos que quen posúa fotografías ou informacións deste Belén ou das súas actividades non recollidas nesta web,
se poña en contacto connosco en info@belendebegonte.es.



O BELÉN DE BEGONTE

Un Belén que tén vida propia, con figuras animadas electronicamente que conforman un belén galego tradicional.

Descargar o libro "El Belén de Begonte" (1991) en PDF

BEGONTE

Un lugar a descubrir... No centro-norte de Galicia, ao Oeste da provincia de Lugo... Begonte

No centro-norte de Galicia, ó Oeste da provincia de Lugo, Begonte: 125 qm. cadrados con case 4.000 habitantes, dentro da comarca natural de “A Terra Cha”. Lugar privilexiado en comunicacións, xa que cruzan o seu territorio as autovías A-6 e A-8, e a Nacional VI. E o ferrocarril Palencia-A Coruña ten neste concello dúas estacións: Baamonde e Begonte.

Por estrada, está a quince minutos da capital lucense, e a pouco máis de media hora dos portos de A Coruña, Viveiro, Burela, e dos aeroportos de Alvedro (A Coruña) e Lavacolla (Santiago de Compostela). O goberno begontino, consciente de que estas especiais condicións teñen que traducirse en concentracións empresariais, ten afrontado unha decidida política de creación de solo industrial, con excelentes froitos en canto á instalación de empresas.

 

Begonte é, de xeito primordial, un concello agrícola e gandeiro, respectuoso co medio ambiente, que acolle con agarimo a quen chega… que presenta en todo tempo esplendorosas paisaxes, que no verán ofrece frondosas ribeiras e praias naturais (e dous magníficos clubes fluviais) nas súas correntes fluviais, e sempre a gastronomía do país en innumerables establecementos, tendo como especial referencia en todo tempo a Casa-Museo de Victor Corral, en Baamonde. Victor Corral, declarado Fillo Predilecto de Begonte, ten na súa Casa (deseñada e construída por el mesmo) un magnífico Museo co máis selecto da súa obra, e no xardín exterior esculturas en pedra ou madeira, con materiais recollidos por todo o mundo, conseguindo integrar en máxica unidade obra e museo, aberto a todos os públicos, recibindo cada ano milleiros de visitantes de todo o mundo, atendidos sempre polo creador desta obra xenial.  

 

E, desde o primeiro sábado de decembro ata o último sábado de xaneiro, nun amplo Nadal de case dous meses, a capital do concello transfórmase e cobra un especial papel protagonista ao pasar a chamarse BEGONTE DO BELÉN.

Máis información: Concello de Begonte

Begonte, según Vidán Torreira, debe o seu nome ós lexionarios romanos da tribu dos Vocontii, da conca do Ródano. Como POGONTI aparece mencionado o ano 666 na Itación de Wamba, como BOCONTI en cadanseu documento dos anos 966 e 971, e como BOGUNTI en 1137 e 1187. Nicandro Ares, que estudou a orixe do nome, considera que VOCONTII pode tamén significar “Vinte” ou “Os vinte”, que podería corresponder ós aproximadamente vinte kilómetros de distancia á capital lucense.

Hai pegadas de vida nesta terra desde uns 3.500 anos antes de X.C., do paso das xentes de Roma. Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra. Un Rei, Bermudo II, pernoctou en Saavedra cando veu conquistar o castelo de Aguiar. Outro, Afonso V, veu dictar sentencia familiar. Aquí os irmandiños loitaron e perderon.

A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, e dous nomes - FRANCÉS en Santa Marina de Rábade e FRANCESA en Begonte - gardan memoria daquela presencia.

Begonte foi privilexiado en comunicacións desde sempre. A estrada Madrid - A Coruña inaugurouse xa en 1773. A de Vilalba substituía ó antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. O ferrocarril tardaría en conseguirse para a capital do concello. Chegara a Rábade en 1885. Xa en 1874 Begonte solicitara un apeadeiro. Non chegaría a ter estación de ferrocarril ata xuño de 1941, cando o primeiro tren parou en Begonte.

O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde don Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) independizouse como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.

Máis información: Concello de Begonte

O clima da comarca de Begonte é “subcontinental húmido dentro do macroclima oceánico de Galicia”. O clima begontino pódese xulgar de temperado medio, con invernos moderados e veráns sen rigores. É un clima que poderiamos denominar “humano”, no que a vida se desenvolve nas mellores condicións climatolóxicas e sociais. A maior parte do terreo do concello é apto para a agricultura, sendo a capacidade de produción do solo de tipo medio. Cómpre utilizar fertilizantes químicos para corrixir a acidez e a escaseza dalgúns elementos, e orgánicos para reposición de materia consumida polos cultivos.

A planura do terreo favorece a mecanización do traballo na terra, e a agricultura e a gandeiría seguen a ser a fonte de ingresos máis importante do concello, co necesario e paulatino trasvase á industria e servizos.

Ríos e Lagoas

Os ríos Parga e Ladra regan e cruzan o territorio begontino. Xúntanse en Pacios, e van desembocar no Río Miño, xa no Concello de Outeiro de Rei. O Río Miño separa Begonte do territorio de Outeiro de Rei, e o Támoga do de Cospeito. A xuntanza do Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito.

Mención especial merecen as Lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo.

As lagoas teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.

Máis información: Concello de Begonte

Segundo o I.A.E. de 2002, había no Concello de Begonte un total de 72 empresas do sector secundario e 103 no terciario. No sector secundario, 30 son industrias e 42 pertencen ó sector da construción. No sector terciario, 15 son profesionais e 88 empresas de servizos. Existen no concello de Begonte canteiras para a extracción de áridos utilizados na construción de Obras Públicas. Na actualidade, está en funcionamento a explotación denominada Vilalba I, na parroquia de Illán, preto da A-6.

A medio camiño entre Lugo e Vilalba, Begonte. Moi preto das dúas cidades, perfectamente comunicado con elas e con todo o resto da comarca e de Galicia, Begonte é o lugar perfecto para vivir e para traballar. Para vivir, como primeira ou segunda vivenda. É un lugar de paz, rodeado de natureza pero moi preto de polígonos industriais, autovías, ferrocarril… vida ó lado do traballo. Para traballar, porque as condicións dos seus polígonos industriais fano lugar perfecto para asentar unha empresa, nas mellores condicións infraestructurais, con perfecta comunicación e con todo un mundo de posibilidades no futuro.

Begonte convértese así nun lugar excelente para situar empresas, pola dispoñibilidade de solo abundante e barato pero tamén pola súa excelente situación e comunicacións, xa que no Concello conflúen a Autovía do Noroeste (A-6), a Autovía do Cantábrico (A-8), as estradas N-VI (Madrid-A Coruña) e N. 634 (Rábade-Vilalba) e a liña de ferrocarril Palencia-A Coruña, con estacións en Begonte e Baamonde. Por outra parte, dista de Lugo tan só 23 kilómetros, e da Coruña (con porto e aeroporto), 61 km. E está a menos dunha hora de Santiago de Compostela, capital de Galicia, co aeroporto central do País galego.

Máis información: Concello de Begonte

Ademáis do Belén, o Concello de Begonte ten outros moitos puntos de interese turístico, como son:

  • Casa Museo de Víctor Corral: Víctor Corral naceu en Baamonde en 1937 nunha familia de once irmáns. Hoxe é escultor de talla internacional, e en Baamonde abre ó mundo a súa Casa-Museo. Ten exposto en Lugo, A Coruña, Santiago, Vigo, Ferrol, Pontevedra, Oviedo, Madrid, Barcelona, Xenebra… A súa obra figura no Parlamento de Galicia, en museos de Chicago, Nova Iorque, Lugo, A Coruña, Pontevedra… Ten obras en lugares públicos de Vilalba, Guitiriz, As Pontes, Begonte, Cospeito, Foz, Cacheiras, e en varios puntos da Autovía e N.VI Madrid-A Coruña. Víctor Corral traballa pedra, madeira, marfil… e as materias inertes cobran vida nas súas mans milagrosas. A súa Casa/Museo, feita por el, pedra a pedra, incrustando nos seus muros tallas singulares, tense convertido no marco perfecto para o museo no interior e no xardín exterior, polo que anualmente pasan máis de vinte mil persoas.
  • Patrimonio Relixioso: Multitude de igrexas e capelas de moi diversos estilos fan do Concello de Begonte un verdadeiro museo que cómpre visitar.
  • Roteiros de Sendeirismo: A natureza amósase en todo o seu esplendor nos roteiros dos Caneiros e Lagos de Riocaldo, do Círculo de Donalbai, de Pozos de Ollo, etc.
  • Camiño de Santiago: O Camiño de Santiago ten un breve pero interesante percorrido polo Concello de Begonte. Descúbreo!

Máis Información: Turismo de Begonte.

OS CERTAMES

  • OS AUTORES

    Biografías, imaxes e máis información sobre os premiados.

  • AS OBRAS

    Galería de arte do Belén de Begonte / Biblioteca Virtual do Belén de Begonte

  • AS EDICIÓNS

    Convocatorias, fallos, traballos premiados, recortes de prensa...

IMAXES

ACTUALIDADE

CONTACTO

info@belendebegonte.es

HORARIO DE VISITAS Ó BELÉN ELECTRÓNICO
De 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00


Do 3 ó 23 de decembro e do 7 ó 27 de xaneiro,
abrimos sábados, domingos e festivos.
Do 24 de decembro ó 6 de xaneiro, abrimos todos os días.
Grupos: avisar previamente por teléfono ao número 610 907 306.

Enderezo

Avda. de Galicia, s/n - Begonte - 27373 - LUGO - ESPAÑA
43º08’57.0’’N, 7º40’58.3’’W

+34 610 907 306

FORMULARIO DE CONTACTO